O blogue xa está en marcha !!

O II Festival Ao Son do Masma está xa case que ultimado. Aquí tendes o noso blog, nel podedes atopar todos os detalles de forma máis pormenorizada. Aínda iremos actualizando e concretando máis todo a medida que o día 8 se bote enriba. Que gañas de que chegue xa!!! Festa!!!!

Advertisements

A segunda edición de Ao Son Do Masma xa está aí !!

O cartel xa está listo, as camisetas na imprenta, os grupos preparados para vir facervos disfrutar, os obradoiros ultimados, as gorxas dos cantos de taberna afinadiñas, os artesáns coas equipaxes preparadas para desembarcar na beira do río coa súa arte, a paella agardando ser cociñada, o torreiro agardando bailadores e bailadoras ghastando pista….

e ti??? estás preparad@ ????

 

As camisolas de Ao Son do Masma xa están aquí

ATENCIÓN RAPAZADA, chegou o momento de falar de cousas serias:
ESCOITADE: o próximo 16 de Xuño, Barreiros vai converterse na CAPITAL DA FESTAZA! Despois de moito tempo coa idea na cabeza, finalmente Tumba e Dálle e Ollomao traemos á nosa comarca o que tanta falta facía: UN FESTIVAL DE MÚSICA FOLK E TRADICIONAL AO GRANDE, con festaza durante todo o día e pola noite 4 CONCERTOS: Tumba e Dálle, Os Modernos, Tanto Nos Tén e Quempallou!!!

Agora mesmo andamos tod@s con bastante sobredose de ilusión con este evento, as cabezas non nos paran e crede que a que se está armando vai ser moi, moi GRANDE!!!

O 16 de Xuño queremos vervos a tod@s en Celeiro de Mariñaos, e tod@s lucindo as camisolas do I FESTIVAL “AO SON DO MASMA”. Para que esto saia redondo fan falta moitos cartiños, así que non esperedes máis para adquirir a vosa MASMACAMISOLA e axudar a facer deste a mellor cita festeira do ano!!