O Festival

O Colectivo Cultural Ollomao presenta o

IV Festival AO SON DO MASMA.

O festival celebrarase o sábado 19 de setembro durante todo o día nunha finca á beira do Río Masma, na parroquia de Celeiro de Mariñaos (Barreiros – Lugo)
AoSonDoMasma2015

Tamén pola mañá se ten previsto realizar un roteiro, ao son do Masma, para pór en valor este recurso do concello de Barreiros que tan importante económicamente ten sido no seu momento.

Na hora do xantar, a organización contará con racións e bebidas a módicos prezos para que as persoas asistentes poidan disfrutar de toda a actividade sen necesidade de saír da propia finca na que terán lugar as actividades.

O festival contará tamén cunha zona de acampada habilitada para que as persoas que o desexen poidan pasar a noite e disfrutar do II Ao Son do Masma sen preocupacións.

Eu tamén vou .. AO SON DO MASMA !